Menu Xerais

Un interesante cómic científico para a rapazallada: «A proba de auga», de Anémona de Río. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: A proba de auga, de Anémona de Río, publicado por Xerais na colección Cómics. O libro gañou o I Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético.

 

A proba de auga, de Anémona de Río

 

Interesante cómic científico para rapazallada este que nos propón XeraisA proba de auga de Anémona de Río mereceu o I Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético.

Se non sabemos nada de antemán, toparemos moitas sorpresas, como o feito de que estamos ante unha viaxe polo interior do ser humano, e de aí a súa frescura e interese. Por se isto fose pouco, temos un apéndice que nos ensina algo máis sobre o corpo , os glóbulos vermellos, as neuronas, os leucocitos… un xeito de aprender divertíndose que resulta ameno e ben construído.

Un deses cómics que cando les pensas “por fin hai algo deste tipo”, é dicir, unha lectura científica, na nosa lingua (e non tradución) pensada para a rapazallada e en formato cómic, cuns debuxos preciosos e unha letra moi doada de ler. Aventuro que terá unha grande proxección nas nosas bibliotecas.

Comentarios pechados