Menu Xerais

Un libro para os primeiros lectores que fala das diferenzas dende o humor máis fabuloso: «O meu irmono», de O Hematocrítico e Alberto Vázquez. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: O meu irmonode O Hematocrítico, con ilustracións de Alberto Vázquez, publicado por Xerais na colección: Pequeno Merlín.

 

O meu irmono, de O Hematocrítico e Alberto Vázquez

 

Volve Hematocrítico da man da editorial Xerais, para gozalo asemade na nosa lingua. Porque ler calquera libro de o Hematocrítico coma este de O meu irmono é en si mesmo un goce.

Desta volta, un libro para primeirxs lectorxs (pronto viaxará a Xapón, xaora) que fala das diferenzas dende o humor máis fabuloso.

As ilustracións de Alberto Vázquez axudan a profundar neste humor e no valor do libro para nos falar precisamente do respecto a canto é nos semella diferente e aporta detalles á lectura infantil.

Comentarios pechados