Menu Xerais

Un libro que será un éxito entre a rapazada: «Conexión Macarrón», de Ledicia Costas. Crítica no blog Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro: Conexión Macarrón, de Ledicia Costas, con ilustracións de Laura Suárez, publicado por Xerais na colección Merlín.

 

‘Recensión: Ledicia Costas, «Conexión Macarrón»

 

Conexión Macarrón é un destes títulos que sorprenden pola gran cantidade de contido que hai neles en apenas unhas poucas páxinas. Todos os nenos e nenas soñan coa oportunidade de coñecer o mundo a través de feitos inverosímiles e fantásticos, mais non agardan que eses feitos teñan o seu xerme na realidade.

Sen dúbida ese é o elemento máis importante desta historia. A autora crea un mundo de posibilidades a partir da premisa de que todo o mundo ten dereito a vivir a súa propia aventura e que esta atópase no propio día a día. É o noso traballo atopar nesa realidade que se estraña a si mesma, esa aventura inesquecible e que non entende de idades. O estraño non ten que ser sempre perigoso e “Expósito” é un exemplo claro.

« A vida tamén é iso: soñar e quererse moito. Ata as estrelas. »

Aderezada cunhas fantásticas ilustracións de Laura Suárez coido que este libro será un éxito entre a rapazada. So Ledicia Costas é quen de condensar en 40 páxinas unha historia que integra tantas sensacións.

David González Domínguez

Comentarios pechados