Menu Xerais

Un mundo e unha lingua que están a desaparecer

Manuel Rodríguez Alonso publica no Cartafol de Vieiros unha crítica sobre O profesor de vegliota, a novela de Manuel Veiga. Recollemos os dous derradeiros parágrafos do texto:

Neste mundo de alleados, que desprezan a súa lingua e cultura, que destrúen a súa paisaxe, o profesor de vegliota defende a lingua das sete vogais ou ponlle un nome galego á filla. É un elemento perigoso. Só o espera a morte social e, o que é peor, a morte social tamén da súa filla. O mellor para os seres queridos é desaparecer nese misterioso tren.

Con todo, a novela non é derrotista, pois como reflexión final da longa viaxe en tren o profesor de vegliota decide que, aínda que sexamos poucos e sen poder, os vegliotas temos que seguir adiante, como ben di a derradeira frase da novela: Rabexo por unha oportunidade, por sobrevivir entre eles. Xa que logo, unha chamada á resistencia vegliota fronte á asfixia dos do pensamento único e lingua tamén única, especialmente se é a deles.

Comentarios pechados