Menu Xerais

Un pasado que sempre volve porque sempre estivo aí: «A vinganza dos homes bos», de Manuel Esteban. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: A vinganza dos homes bos, de Manuel Esteban, publicado por Xerais na colección Narrativa.

 

A vinganza dos homes bos, de Manuel Esteban

 

Está ben a proposta que realiza Manuel Esteban en Xerais coa terceira entrega do inspector Manso: A vinganza dos homes bos presenta dous espazos (e dous tempos) ben diferenciados: Vigo e Fuerteventura, pasado e presente, pasado que pesa sobre o presente, pasado que marca o presente. Disto vai a novela, dun pasado que sempre volve porque sempre estivo aí.

O pasado axúdanos a entender o presente, axuda a comprender a actuación e o sentir do personaxe principal. Asemade, a presenza de Vigo volve a marcar unha parte da novela amosando uns túneles descoñecidos (cando menos para min) e percorrendo parte da paisaxe vital do protagonista e da trama.

Os dous espazos son importantes, ao igual que os dous tempos e alternamos a historia sabendo que son importantes porque a solución final vén dada por elas, sen deixarnos de sorprendernos e comprendendo tamén a resolución, xa que logo de descender ao inferno o perdón é imprescindible. Pero máis imprescindible é perdoarnos a nós mesmxs. Sen este perdón, non podemos seguir adiante, imposible camiñar e trazar a nosa andaina.

Quizais tamén buscando o perdón da sociedade. Non sei se este é necesario realmente.

Comentarios pechados