Menu Xerais

Un pulso entre as nubes e o sol: «O día que choveu do revés», de María Canosa e Dani Padrón

O xornal La Voz de Galicia publicou unha información sobre o álbum ilustrado O día que choveu do revés, de María Canosa e Dani Padrón.

 

 

 

María Canosa volve cun conto pasado por auga

A escritora ceense acaba de publicar xunto ao ilustrador Dani Padrón «O día que choveu do revés»

«O día que choveu do revés» (2016), Edicións Xerais, María Canosa (con ilustracións de Dani Padrón). O público infantil é o destinatario do novo libro de María Canosa, O día que choveu do revés, recentemente editado por Xerais. A autora ceense sorprende nesta ocasión aos pequenos lectores cunha historia meteoro-lóxica na que as nubes e a chuvia desempeñan un papel central como causantes dunha inundación involuntaria ao tratar de evitar que o sol queime os campos. O seu relato chega, unha vez máis, complementado coas coidadas ilustracións de Dani Padrón, con quen xa traballou noutros títulos como Ana xa chegou!, Viaxes de inverno, Pasen e miren, Papá, que son os sorrisos? ou os dous volumes de Acuario.

Comentarios pechados