Menu Xerais

Un relato irónico de rivalidades e localismos exacerbados que seguro gusta ao lectorado máis novo: «Meigas fóra!», de Ramón D. Veiga e Iván Rodríguez. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: Meigas fóra!, de Ramón D. Veiga, con ilustracións de Iván Rodríguez Castro, publicado por Xerais na colección Merlín.

 

Meigas fóra!, de Ramón D. Veiga

 

Ramón D. Veiga, coas ilustracións de Iván R. constrúen neste Meigas fóra!publicado por Xerais un relato irónico de rivalidades e localismos exacerbados (disto sabemos un pouco) e que culminarán na noite de San Xoán, que tan preto queda e que no libro deixa patente a súa virtude curativa para escorrentar envexas e maldades.

Un alcalde e unha alcaldesa levan ao desastre á veciñanza por mor de ser a vila mellor, e será esta veciñanza quen decida o seu futuro vivindo en harmonía e en liberdade superando dese xeito a intolerancia e o autoritarismo levado ás súas últimas consecuencias.

Así pois, lectura con final esperanzador que seguro gusta ao lectorado máis novo.

Comentarios pechados