Menu Xerais

Un relato trepidante e divertidísimo: «Criando malvas. Os Minimortos», de Ledicia Costas e Mar Villar. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou unha anotación no seu blog Brétemas sobre o libro: Criando malvas. Os Minimortos, de Ledicia Costas, con ilustracións de Mar Villar, publicado por Xerais na colección Sopa de Libros.

 

Criando malvas. Os Minimortos’, de Ledicia Costas e Mar Villar

 

Ledicia Costas continúa en Criando malvas (Xerais 2021), a segunda entrega da serie «Os Minimortos», o espírito mais xenuíno dunha aventura no Outro Barrio, protagonizada pola panda de Petunio, Maya, Dinamito, Pochiña e Penoso.

Narrada pola voz autorizada da Curuxa, que voa do mundo dos vivos ao mundo dos non vivos, a panda ponse en marcha para resolver o problema que atormenta a Petunio. Porén, os remedios de Dinamito só son eficaces se son administrados con mesura, o que non sempre sucede no Outro Barrio. Ábrese así unha emocionante aventura sometida a varias das voltas de porca desconcertantes das que Ledicia é mestra.

O valor da ciencia e o da alimentación equilibrada son dous dos temas abordados nun relato trepidante e divertidísimo.

Magnífico, tamén, o traballo de Mar Villar, que colorea ironicamente o Outro Barrio con predominancia de verdes, fuxindo da estética funeraria esperable neste mundo de mortos cheos de vida.

Parabéns intensos a autora e ilustradora. Moi recomendable para o lectorado autónomo.

Manuel Bragado

Comentarios pechados