Menu Xerais

Unha chea de palabras douradas adobiadas con denuncia medioambiental e social nun libro con chispa: «O Chispas», de Manuel Rivas. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: O Chispas, de Manuel Rivas, con ilustracións de Sonia García Vidal, publicado por Xerais na colección Sopa de Libros.

 

O Chispas, de Manuel Rivas

 

Manuel Rivas agasállanos unha chea de palabras douradas adobiadas con denuncia medioambiental e social nun libro con chispa, xa que o seu protagonista dá nome ao mesmo, O Chispas, con ilustracións de Sonia García e publicado por Xerais.

Unha aventura de ciencia ficción científica, xa que viaxaremos a un planeta fóra do sistema solar onde os seus habitantes gostan de imitar as modas humanas: outra crítica velada sobre a escravitude do consumismo e das modas efémeras que nos abafan cada temporada.

Aproveita Rivas cada ocasión para deixarnos unha denuncia clara, coma no caso da Fonte da Fala, que sabía preservar ditos e cantares e que calará por mor da mala xestión medioambiental dos seres humanos.

Así, constrúe o autor un universo único, onde se deitan voces que podemos escoitar só se queremos: aquelas que nos falan dende a natureza e dende unha perspectiva crítica ante unha sociedade que destrúe máis que constrúe, dende o máis pequeno ata o máis universal, como é unha lingua.

Comentarios pechados