Menu Xerais

Unha historia de mulleres solidarias nun tempo de represión e crueldade: «A lavandeira de San Simón», de Eva Mejuto e Bea Gregores. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: A lavandeira de San Simón, de Eva Mejuto, con ilustracións de Bea Gregores, publicado por Xerais na colección Pequena Memoria.

 

A lavandeira de San Simón, de Eva Mejuto e Bea Gregores

 

Supón unha boa nova o feito de que a editorial Xerais comece unha nova colección en formato de álbum ilsutrado denominada “Pequena memoria” polo que significa: dar importancia al formato álbum e a importancia da lembranza, da memoria histórica; sen esta memoria nada somos. O primeiro título que temos é A lavandeira de San Simón, con texto de Eva Mejuto e ilustracións de Bea Gregores. Sinto, porén, que o resultado da edición non seixa máis axeitado, xa que a idea é boísima, igual que o resto do traballo que contén o libro. As guardas son excepcionais, con fotografías reais da época e as ilustracións ocupan cada páxina. Pero hai páxinas difíciles de ler porque non resaltal o texto sobre o fondo, e é aí onde hai que mellorar o resultado do produto. Este é o único “pero”.

A lavandeira de San Simón lévanos a retroceder na historia, a uns momentos terribles que o noso país sufriu non hai tanto tempo. A mulleres solidarias, a crueldades innecesarias, a represións, castigos e asasinatos impunes amparados pola lei da ditadura. Esa que non admitía opinións contrarias.

A illa de San Simón representa unha parte da nosa historia importantísima que se tratou de agochar. É hora de lembrar que supuxo, é hora de non esquecer que unha illa pode converterse nun inferno se o ser humano así o desexa. Pero tamén é hora de lembrar que houbo persoas dispostas a tentar evitar un sufrimento terrible, cando menos, a palialo na medida do posible. E isto é o que nos conta Eva Mejuto.

Comentarios pechados