Unha historia fantástica: «O día que choveu do revés», de María Canosa e Dani Padrón. Anotación en Brétemas
Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o álbum ilustrado O día que choveu do revés, de María Canosa e Dani Padrón.
«O día que choveu do revés»
Cando as nubes decidiron chover os sete choveres coa intención de que as os campos de millo e as verzas medrasen vizosas, non pensaron que poderían asolagar a vila de Portoseco. Compensar este dano causado polas nubes será o inicio da historia relatada n’ O día que choveu do revés, álbum onde colaboran María Canosa e o ilustrador Dani Padrón. Como xa anticipara no formidable Rubicundo, a escritora da Costa da Morte ofrece solucións moi imaxinativas para ese eterno conflito entre as nubes e o Sol, que nalgunhas ocasións remata en tremendas treboadas e noutras en longas esperas pola chuvia. No entanto nunca está de máis que sexan as letras e os libros a mellor receita para que chova con xeito. Unha historia fantástica reinventada por Dani Padrón nunha composición de grande forza visual.
Comentarios pechados