Menu Xerais

Unha muller pioneira e artista comprometida coa renovación da técnica fotográfica: «Mary Quintero Retratista desde os 15 anos»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o libro Mary Quintero. Retratista desde os 15 anos, escrito por  Mary Quintero  e  Fernanda Padín.

Fotógrafa Mary Quintero

Na presentación do libro de Mary Quintero e na homenaxe que a fotógrafa e pintora viguesa recibiu onte no Balneario de Mondariz salientouse o seu carácter de muller pioneira e artista comprometida coa renovación da técnica fotográfica. Foi a primeira fotógrafa galega que fixo unha exposición inidividual (en Lugo,1947), a primeira que montou un estudio propio (en Vigo, 1952) e a primeira que saíu fóra de Galicia para participar en congresos e ditar conferencias. Mais tamén foi pioneira na utilización da técnica do coloreado, que aprendeu da súa nai, no emprego do proxector de fondos, mantendo sempre unha atención preferente pola composición e a procura da luz adecuada para cada un dos seus retratos. O seu traballo de seis décadas como fotógrafa de estudio, por fin recoñecido, está á altura doutras figuras masculinas da fotografía galega como Ferrol, Vieitez ou Camaño.

Comentarios pechados