Menu Xerais

Unha narración que sorprende e engancha: «O mundo máxico de Lía», de Eduardo Santiago. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: O mundo máxico de Lía, de Eduardo Santiago, con ilustracións de Marcos Calo, publicado por Xerais na colección Merlín.

 

O mundo máxico de Lía, de Eduardo Santiago

 

Encantoume a proposta de Eduardo Santiago para o público xuvenil: O mundo máxico de Lía con ilustracións de Marcos Calo está publicado por Xerais: un xeito fantástico de achegarse á violencia de xénero con final feliz.

Unha narración que sorprende e engancha: Eduardo Santiago ama este xénero pero desta volta serve a unha fin moi especial; con Lía loitaremos contra todo tipo de males fantásticos que agochan unha realidade que respiramos cada día: o maltrato físico e psíquico machista.

Un libro para ter en todos os colexios e para recomendar, para ler e para ter.

Cómpren libros así para un lectorado novo que non vive dando o lombo á existencia da violencia.

Comentarios pechados