Menu Xerais

Unha nova versión de «Follas novas» a cargo de Anxo Angueira para o #MobilizaRosalía

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a acción #MobilizaRosalía e sobre a nova edición de Follas novas que Xerais acaba de publicar ao coidado de Anxo Angueira.

 

#MobilizaRosalía

Comezou a semana dedicada a Rosalía con motivo da celebración o mércores 24 do seu 179 aniversario. A programación tan intensa de actividades literarias, sobre todo nos centros de ensino, con especial incidencia este ano na utilización da comunicación dixital, demostran que os seus textos permanecen moi vivos e presentes na sociedade galega, ao tempo que posúe unha estraña e poderosa capacidade mobilizadora da nosa conciencia colectiva. Adiantada do seu tempo, sempre transgresora, radicalmente moderna, o fenómeno Rosalía increméntase cada ano como «o personaxe predilecto dos galegos», unanimidade interxeracional sorprendente que ben explica o éxito desta efeméride do 24 de febreiro. Polo que nos atinxe, celebraremos o día de Rosalía no Auditorio de Padrón, acompañando a Anxo Angueira na presentación da súa monumental edición de Follas novas, o segundo dos volumes da obra completa publicada por Xerais.

Comentarios pechados