Menu Xerais

Unha obra de Xerais, a primeira en adaptarse ao podcast para radio en Galicia: «Un home estraño», de Antonio Tizón. Anotación no xornal «Galicia Confidencial»

O xornal Galicia Confidencial publicou unha anotación sobre a adaptación ao podcast para radio do libro: Un home estrañode Antonio Tizón, publicado por Xerais na colección: Narrativa. O libro gañou o VI Premio de Novela Curta ”Cidade Centenaria de Riveira”.

 

Unha obra de Xerais, a primeira en adaptarse ao podcast para radio en Galicia

Trátase do libro ‘Un home estraño’, de Antonio Tizón, que será emitido por Radio Fene Radiofusión.

En 1980, no marco histórico da Transición, en pleno debate sobre o Estatuto de Autonomía de Galicia, o daquela inspector de segunda, Xosé Sánchez Pereiro, enfróntase ao primeiro caso de asasinato da súa carreira: o crime de Manuel Ferro, un arquitecto que traballa no concello da Coruña, presidido entón por Domingos Merino. Nese contexto realista, aparece un home estraño que semella vivir á marxe da sociedade da súa época…

Esta é parte da trama de ‘Un home estraño‘, un libro pde Antonio Tizón, editado por Edicións Xerais de Galicia en 2018 e que gañou o VI Premio Cidade Centenaria de Ribeira. Un libro que, agora, é o primeiro que se adapta en Galicia ao formato podcast cunha serie de 13 capítulos a partir dun guion do propio Antonio Tizón.

É esta a segunda entrega dunha serie que ten como protagonista principal o policía Xosé Sánchez Pereiro, e que, en clave de xénero negro, pretende abordar, dende distintas perspectivas, o tema catalizador, que non único, da enfermidade mental. A esta serie pertencen así mesmo A antesala luminosa (2015) e Os incurábeis (2020), unha obra tamén en proceso de reconversión neste formato (o podcast) inédito na historia da literatura galega.

O podcast Un home estraño, con música de Miro Casabella, está dirixido na súa adaptación radiofónica por Eugenia Sanmartín e será emitido por Radio Fene Radiofusión ás 10 e ás 14:30 horas entre o 15 e o 30 de decembro de 2020. Participaron como actores e actrices Oscar Gaez, Helga Méndez, Franki Muíño, Luis Pillado e Roger de Flor, co control de son de Xabier Fernández e a colaboración especial de Cándido Barral e Leo Toral.

Comentarios pechados