«Unha rosa é unha rosa», de Suso de Toro: máis de 30 opinións dos estudantes do IES de Lalín
Gracia Santorum publicou no blog As estelas dos ronseis máis de 30 opinións dos seus alumnos e alumnas de 3º da ESO sobre a obra de teatro Unha rosa é unha rosa, de Suso de Toro.
As opinións dos/as estudantes poden lerse neste enlace.
Extractamos algunhas frases das opinións dos adolescentes:
- «E un libro interesante e á súa vez divertido, no que se expón un tema, neste caso a avaricia» (Xosé Manuel Fernández Taboada
- «Nunca lin un libro escrito en forma teatral , esta é a primeira vez, e non me disgustou nada» (Carla González Silva)
- «O autor combina moi ben o xénero humorístico co medo e a intriga» (Alberte Payo)
- «Teño que dicir que me gustou moito, aínda que pensei que non ía ser así cando lle dei a primeira ollada» (Guillermo Fernández)
- «Este libro gustoume bastante porque empatiza ben coa realidade» (Raquel García Rodríguez)
- «É un libro que me gustaría ver representado, posto que se me gustou por escrito» (Andrea Rodríguez
- LER TODOS OS COMENTARIOS NESTE ENLACE
Comentarios pechados