Menu Xerais

Unha selección de famosas fábulas convertidas en verso para a rapazallada galega: «Fábulas contadas», de Gonzalo Navaza. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: Fábulas contadas, de Gonzalo Navaza, con ilustracións de Orelí Pello, publicado por Xerais na colección Sopa de Libros.

 

Fábulas contadas, de Gonzalo Navaza

 

Lembro que na miña infancia lía con devoción un libriño de fábulas que na miña casa había de Esopo, un libro ilustrado que prendeu na miña mente por ser lectura activa da nenez.

Gonzalo Navaza recolle algunhas desas famosas fábulas para convertelas en verso e traelas agora á rapazallada galega, pequenos relatos versificados que teñen como protagonistas a animais, agás dúas.

Así que a editorial Xerais publica este libriño titulado Fábulas contadas con ilustracións de Orelí Pello e introdución de Antonio Reigosa, experto en literatura oral que nos recomenda viaxar por estas historias, xa que as fábulas foron (e seguen a ser) un instrumento contra os abusos e a estupidez.

Vaia, que as fábulas foron e seguen a ser moi necesarias, será que houbo sempre moita parvada. Á vista está. O problema debe ser que pouco se aprende, a pesar da existencia das fábulas… e outras formas de cultura.

Comentarios pechados