Menu Xerais

Unha serie que engancha: «Os Megatoxos e os Templarios da Luz», de Anxo Fariña. Crítica de Paula Fernández

Paula Fernández publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Os Megatoxos e os Templarios da Luz, de Anxo Fariña.

 

 

Narrativa de fondo social

Removendo as conciencias

Edicións Xerais vén de reeditar a terceira entrega das aventuras dos Megatoxos, Ninfa, Lúa, Ruxe e Faísca, os catro rapaces destinados a vivir aventuras incribles, que non por isto se volven inverosímiles, dende que un accidente os convertera enmutantes.

Os megatoxos e os Templarios da Luz trátase dunha reedición enriquecida, revisada e ampliada polo autor quen coloca os protagonistas nos Pireneos, nunha viaxe de estudos que os levará ao pasado,ao París da Revolución Industrial para penetrar nunha orde tan pechada e misteriosa como é a dosTemplarios, sempre fascinante e atraente. Preséntanse conflitos,dúbidas e reflexións sobre a vida e a morte, perigos e aventuras, moitas aventuras nunha lectura que atrapa, idónea para preadolescentes, con todo o que iso implica no que atinxe ás relación entre eles, ao seu rexistro lingüístico e, á súa maneira idealista de enfrontarse ao mundo.

De seguro moitos rapaces e rapazas han estar pendentes, desta publicación. Porque a serie dos Megatoxos é desas que engancha,que crea seguidores e, sen dúbida ningunha, se este fose un país normalizado sería das preferidas na rapazada de entre doce e catorce anos, como acontece con outras series estranxeiras desta sorte, ás que non ten nada que lle envexar, pero que metidas no mainstream causan furor entre os lectores e lectoras.

Paula Fernández

Comentarios pechados