Menu Xerais

«Valados», de Agustín Fernández Paz, centrará o sábado o Club Lendo Contigo de Espazo Lectura en Gondomar

O libro Valados, de Agustín Fernández Paz, centrará mañá sábado 28 de xaneiro a sesión do Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura e servirá de pequena homenaxe ao autor. O libro está ilustrado por Fino Lorenzo e publicado na colección Merlín.

 

A lectura de «Valados», de Agustín Fernández Paz, para abrir o ano no Lendo Contigo

O vindeiro sábado 28 de xaneiro celebraremos a primeira sesión do Lendo Contigo de 2017 cunha obra dun autor referente na literatura infantil galega: Valados, de Agustín Fernández Paz (Xerais). Valados é un libro no que se proclama o dereito á amizade, á igualdade e á liberdade de todos os seres humanos, moi por riba de todos os valados, visibles e invisibles, que nos rodean. Ademais, como homenaxe ao autor recentemente falecido e en agradecemento por todo o apoio co que sempre contamos en Espazo Lectura por parte del, realizaremos un pequeno percorrido pola obra de Agustín Fernández Paz, así como polo seu paso polas direferentes actividades de Espazo Lectura.
A sesión será ás 12:00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar, agardámosvos!

Comentarios pechados