Menu Xerais

Valente, ousado, intrépido: «A rotura das paisaxes», de Xesús Constela. Artigo de Xosé Carlos Caneiro

O escritor Xosé Carlos Caneiro publicou un artigo en La Voz de Galicia no que fala da novela  A rotura das paisaxes, de Xesús Constela. Sobre  Constela a súa novela, Caneiro afirma que é «ousado, intrépido, formalmente impecable. A literatura galega precisa voces como a súa», para engadir máis adiante: «Esta é a obra fundamental deste autor de perspectiva impar, non clasificable, como os seus textos. Este é un crisol de estilísticas diferentes ben enfiadas. Unha praia dá fondo ao diálogo, a digresión, a linguaxe lírica pero non melosa nin afectista, o cúmulo de secuencias narrativas que en ocasións parecen emparentarse coas prosas rupturistas protoseculares (século XX cambalache, dicía o tango). E humor, ou ironía, ou un distanciamento que se fai grato porque nunca ofende a intelixencia de quen le estas paisaxes rotas, como os nomes, licuados por veces en iniciais: ese X.C., “mal raio o parta”, que escribe historias que alguén deixa pola praia adiante. Valente, Constela. Digo, literato na época en que ser literato xa parece unha ofensa.»

O artigo pode lerse nesta ligazón.

 

Comentarios pechados