Menu Xerais

Varios títulos de Xerais, na listaxe dos libros máis vendidos na primeira quincena de xullo de 2020 que publica Biosbardia

O blog Biosbardia, en colaboración coa distribuidora Arnoia e coas librarías do grupo Punto e Coma (Ourense e Carballo), Libraría Pedreira (Santiago) e Aira das Letras (Allariz), publica unha lista de libros máis vendidos para a que só se teñen en conta os títulos publicados cunha antigüidade menor de doce meses. Tamén reedicións, non reimpresións. Na listaxe correspondente á primeira quincena de xullo de 2020 figuran varios títulos de Xerais. Son os seguintes:

INFANTIL

  1. Atlas da Galicia pequeniña, de César Cequeliños e Jorge Campos. AIRA.
  2. Vampira de biblioteca, de Ledicia Costas. XERAIS.
  3. O Chispas, de Manuel Rivas. XERAIS.
  4. Alcaldesa vermella, de El Hematocrítico. XERAIS.
  5. Dez gatiñas viaxeiras, de Eva Mejuto e Víctor Rivas. XERAIS.

 

 

XERAL

  1. A vinganza dos homes bos, de Manuel Esteban. XERAIS.
  2. Un lume azul, de Pedro Feijoo. XERAIS.
  3. O libro da filla, de Inma López Silva. GALAXIA.
  4. Wolfram, de Alberto Varela. XERAIS.
  5. Tantos anos de silencio, de Francisco Castro. GALAXIA

Comentarios pechados