Menu Xerais

“Vía Secundaria” de An Alfaya

La Voz de Galicia faise eco da aparición de Vía secundaria, a obra de An Alfaya gañadora do Premio  de Novela por Entregas La Voz de Galicia 2011.

Xerais vén de publicar Vía secundaria, a novela de An Alfaya que o ano pasado foi a gañadora do décimo Premio de Novela por entregas de La Voz. Unha novela que agora pódese ler de continuo e que comeza a súa acción no espazo dun polígono industrial no que se produce un atropelo nun día de chuvia. Ese accidente é o centro dunha serie de vidas que, a partir dese momento, terán que cambiar algunhas das súas circunstancias.

Como explicou a autora, a novela é coral, con catro personaxes principais, e está marcada polo seu formato. Así o explica An Alfaya: «Para escribir por entregas hai que ser máis concisa e mesmo hai que pensar a historia sabendo que se vai publicar dese xeito porque non se pode adaptar unha historia escrita doutro xeito a este tipo de publicación, que ten unhas características tan concretas». Para a escritora, a chave do xénero está en que ten que ser «un exercicio de contención milimetrado e hai que pulir moito».

Comentarios pechados