«Voces á orella», campaña de dinamización lingüística 2009, «Amancio Amigo»
Dentro do programa de dinamización lingüística «Bocaberta» realizado en colaboración entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística e as distintas editoriais, Xerais organizou a campaña «Voces á orella» que consta de dous espectáculos teatrais e un de maxia: «Ratiña Linda» da compañía Casahamlet; «Os soños na gaiola» da compañía do Trinke-Trinke e o espectáculo de maxia de Cali o Mago «Amancio Amigo».
Despois da lectura marabillosa de Amancio Amigo e O Meigo de Salamanca de Xosé Miranda, Cali O Mago preséntanos un espectáculo cheo de maxia e ilusión dirixido a rapaces e rapazas de once a trece anos. Un percorrido polos efectos máxicos máis coloridos e fantásticos. Na procura dese espazo de inocencia que transmiten os libros e a súa lectura, a maxia que xorde como por arte de encantamento fai o espectáculo divertido e comunicativo. Na busca sempre da atmosfera máxica con toda a súa emoción.
De Amancio Amigo fixéronse dúas representacións en cada unha destas cidades:
26 maio 10,30 h. /12,30 h. Auditorio de Vilagarcía.
3 xuño 10,30 h. /12,30 h. Teatro Principal de Santiago.
No mes de outubro terán lugar dúas representacións en cada unha destas localidades:
19 de outubro 10,30 h. /12,30 h. Teatro G. García Márquez en Mera-Oleiros.
21 outubro 10,30 h. /12,30 h. Casa da Cultura de Barbadás.
23 outubro 10,30 / 12,30 h. Auditorio Municipal de Cangas.
27 outubro 10,30 / 12,30 h. Teatro Jofre de Ferrol.
28 outubro 10,30 / 12,30 h. Casa da Cultura de San Ciprián en Cervo.
29 outubro 10,30 h. /12,30 h. Auditorio Fundación Caixa Galicia na Coruña.
3 novembro 10,30 h. /12,30 h. Auditorio Municipal de Ribeira.
Comentarios pechados