Menu Xerais

«Volverás, golfiño», de Andrea Maceiras centrará este venres o Club Lendo Contigo de Espazo Lectura en Gondomar, coa presenza da autora

O libro Volverás, golfiño, de Andrea Maceiras, centrará hoxe venres 26 de maio a sesión do Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura , coa presenza da autora, Andrea Maceiras. O libro está ilustrado por  Víctor Rivas e publicado na colección Merlín.

 

O Lendo Contigo despídese da tempada na compaña de Andrea Maceiras

O club de lectura compartida Lendo Contigo despídese na Casa da Lectura coa obra Volverás, golfiño, de Andrea Maceiras (Xerais), que nos acompañará nesta última sesión da tempada. Nesta ocasión, achegarémonos ao coñecemento de feitos acontecidos na Costa da Morte e aos misterios que este lugar agocha. A sesión terá lugar o venres 26 ás 20:00h, na Casa da Lectura (Nogueira-8, Donas), e logo da sesión realizaremos una cea compartida para festexar o fin de tempada. Agardámosvos!! Celebramos a sesión do mes de abril cunha lectura compartida no Hospital Álvaro Cunqueiro. A obra elixida foi A galiña azul, de Carlos Casares (Galaxia), autor homenaxeado no día das Letras Galegas deste ano 2017.

Comentarios pechados