Menu Xerais

Xerais na Feira do Libro de Cangas

Xerais organiza os seguintes actos na Feira do Libro de Cangas do Morrazo que terá lugar na Alameda de Soage do 21 ao 25 de xullo:

Día 21 mércores, 20:30 horas:
Pregón a cargo de Suso de Toro.

Día 22 xoves, 19:00 horas:
Elena Gallego asinará exemplares do seu libro Dragal. A herdanza do dragón.

Día 23 venres, ás 19:30 horas:
Presentación da segunda edición de Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948) de Xesús Alonso Montero. Intervirán Manuel Bragado e o autor.

Comentarios pechados