Xerais na Feira do Libro de Compostela
Do 1 ao 10 de maio, na Alameda, terá lugar a Feira do Libro de Compostela na que Xerais ten organizado os seguintes actos:
- 1 de maio, venres: Inauguración e lectura do Pregón a cargo de Manuel Portas. O autor asinará exemplares das súas obras.
-
3 de maio, domingo 20:00 h.: Xurxo Souto realizará unha nova sesión de “Océano para terrícolas”, unha presentación musical do libro Contos do mar de Irlanda.
-
5 de maio, martes 20:00 h.: Presentación de Son noxento de María Xosé Queizán con Manuel Bragado.
-
6 de maio, mércores 19:00 h.: Presentación de Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías Ed. de Antonio Reigosa con Xavier López Rodríguez, coautor do libro, e Ángeles Goás Amado, narradora oral e Manuel Bragado.
- 6 de maio, mércores 20:00 h.: Presentación de Funambulistas de Mercedes Leobalde con Manuel Bragado.
- 7 de maio, xoves 19:00 h.: Presentación de Dragal IV. A estirpe do dragón de Elena Gallego Abad con Julio Casal e Manuel Bragado.
- 7 de maio, xoves 19:00 h.: Sinatura de Cabalos e lobos de Fran P. Lorenzo
- 7 de maio, xoves 20:00 h.: Presentación de Medo político e control social na retaguarda franquista de Lucio Martínez Pereda con Manuel Bragado.
Comentarios pechados