Menu Xerais

Xosé Fernández Ferreiro entrevistado por «El País»

Xosé Fernández Ferreiro é entrevistado por Paola Obelleiro no suplemento «Luces» de El País Galicia. O autor de Nogueira de Ramuín, homenaxeado a pasada semana polo Pen Club na sua terra natal, reivindícase como «home de aldea e soñador» e literariamente como novelista. Con respecto a Tempo de centeo, a súa novela máis recente, considera que nela «hai moito de min porque fala da aldea e dun rapaz que marcha para a cidade nesa época escura da posguerra. Había fame de todo, de pan, de sexo e de xustiza. Podo ser ese rapaz.»

Comentarios pechados