Menu Xerais

Xosé Ramón Pena presentou na RAG o volume sobre «a idade de prata da literatura galega»

Varios medios de comunicación recollen hoxe a información sobre a presentación na RAG do libro  Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936, de Xosé Ramón Pena (Foto: Almara / El Correo Gallego)

El Correo Gallego

Xosé Ramón Pena presentou «a idade de prata da literatura galega»

O terceiro volume da Historia sobre o tema que publica Edicións Xerais, dedícase ao período das Irmandades da Fala//O autor xa traballa no seguinte tomo adicado á longa noite de pedra

O terceiro tomo da Historia da Literatura Galega, de Edicións Xerais, xa é unha realidade. Abarca o período da Irmandades da Fala, desde 1916 a 1936, e segue o ronsel dos dous anteriores, desde as orixes a 1853, e desde este ano, o inicio do Rexurdimento, a 1916. O seu autor, Xosé Ramón Pena Sánchez (Betanzos, 1956), catedrático de Literatura de instituto, defíneo como “a idade de prata da literatura galega”, xa que pensa que “a idade de ouro aínda está por vir, ou igual estámola vivindo agora”.
A presentación do volume celebrouse onte no salón de actos da Real Academia Galega (RAG). O seu presidente, Xesús Alonso Montero, definiu o laborioso traballo de Pena Sánchez como “a nosa enciclopedia literaria”. Fíxoo en presenza do autor e do editor de Xerais, Manuel Bragado, quen destacou que esta obra non só é para o ámbito académico senón unha referencia didáctica para os profesores do Ensino Secundario Obligatorio.

Galicia Confidencial

Xerais edita unha publicación coa historia da literatura galega dende 1916 a 1936

A Real Academia Galega (RAG) acolleu este martes a presentación do terceiro volume de ‘Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936’, editado por Xerais.

A Real Academia Galega (RAG) acolleu este martes a presentación do terceiro volume de ‘Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936’, editado por Xerais.

O acto contou coa presenza do presidente da institución académica, Xesús Alonso Montero; xunto ao autor, Xosé Ramón Pena, e o director de Xerais, Manuel Bragado.

Neste novo volume, abórdase a etapa comprendida dende a fundación das Irmandades dá Fala ata o inicio da guerra civil española.

Así, a difusión xornalística e editorial de Leandro Carré e Ánxel Casal, o Seminario de Estudos Galegos, Ramón Cabanillas, Fermín Bouza Brey, Álvaro Cunqueiro ou a Xeración Nós están incluídos neste volume.

“ANOS DE PRATA” DA LITERATURA

No acto, o autor denominou como “os anos de prata” esta etapa da literatura galega. Así, definiuse como “optimista histórico” e, por iso, dixo que, ao seu xuízo, “a idade de ouro da literatura galega aínda está por vir ou igual a estamos vivindo agora”.

Pola súa banda, o presidente da RAG definiu a publicación como “a enciclopedia literaria de Galicia”. Tamén gabou o traballo realizado polo autor tanto pola cantidade de material que figura na obra como a contextualización de cada momento histórico

Galicia Press

​Xerais edita un libro sobre “a idade de prata” da literatura galega

A Real Academia Galega (RAG) acolleu este martes a presentación do terceiro volume de ‘Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936’, editado por Xerais.

O acto contou coa presenza do presidente da institución académica, Xesús Alonso Montero; xunto ao autor, Xosé Ramón Pena, e o director de Xerais, Manuel Bragado.

Neste novo volume, abórdase a etapa comprendida desde a fundación das Irmandades da Fala ata o inicio da guerra civil española.

Así, a difusión xornalística e editorial de Leandro Carré e Ánxel Casal, o Seminario de Estudos Galegos, Ramón Cabanillas, Fermín Bouza Brey, Álvaro Cunqueiro ou a Xeración Nós están incluídos neste volume.

“ANOS DE PRATA” DA LITERATURA

No acto, o autor denominou como “os anos de prata” esta etapa da literatura galega. Así, definiuse como “optimista histórico” e, por iso, dixo que, ao seu xuízo, “a idade de ouro da literatura galega aínda está por vir ou igual estamos a vivila agora”.

Pola súa banda, o presidente da RAG definiu a publicación como “a enciclopedia literaria de Galicia”. Tamén encomiou o traballo realizado polo autor tanto pola cantidade de material que figura na obra como a contextualización de cada momento histórico.

Xornal Galicia

A RAG acolleu a presentación do terceiro volume de ‘Historia da Literatura Galega’

A Real Academia Galega acolleu hoxe a primeira presentación pública de Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936(Xerais, 2016), nun acto no que o presidente da institución, Xesús Alonso Montero, acompañou o autor, Xosé Ramón Pena, e o director de Xerais, Manuel Bragado. Neste novo volume, abórdase a etapa comprendida desde a fundación das Irmandades da Fala ata o inicio da guerra civil española.

A difusión xornalística e editorial de Leandro Carré e Ánxel Casal, o Seminario de Estudos Galegos, Noriega Varela, Ramón Cabanillas, Fermín Bouza Brey, Manuel Antonio e o manifesto Máis alá!, Luís Amado Carballo, Álvaro Cunqueiro e os ismos, a Xeración Nós, Otero Pedrayo, Castelao ou Rafael Dieste son algúns dos fenómenos e autores que Xosé Ramón Pena analiza neste volume dunhas cincocentas páxinas sobre os que denomina “anos de prata” da literatura galega. “Eu son optimista histórico e daquela penso que a idade de ouro da literatura galega aínda está por vir, ou igual a estamos vivindo agora. Pero vendo o que se fixo ata a data, se a nosa idade de ouro é a Idade Media, eu diría que a etapa que comprende este volume é a idade de prata da literatura galega, que vén coincidir co que o profesor Mainer lles chamou no seu día os anos de prata para a literatura española. Hai unha coincidencia nese particular. Para min esta sería a idade de prata da nosa literatura”, expresou Pena.

“A enciclopedia literaria de Galicia”

Esta Historia da Literatura Galega completarase previsiblemente con dous volumes máis, ata chegar ao momento actual, que autor e editorial esperan poder presentar nos vindeiros dous anos. “É a enciclopedia literaria de Galicia, podería denominarse así”, expresou o presidente da RAG, que gabou o traballo que está a realizar o autor tanto pola cantidade do material que manexa como pola contextualización que ofrece de cada momento histórico. “Xosé Ramón Pena é historiador do feito literario, pero o feito literario escríbese nun contexto que hai que tratar de entender desde a política, desde a historia, incluso desde a economía, e xa non digamos desde a socioloxía, onde está algo tan importante como a sociolingüística. Todo isto e moito máis hai neste novo volume e nos anteriores”, valorou Alonso Montero.

O obxectivo da obra é “configurar un relato coherente, actualizado e eficaz da produción literaria galega e da súa produción crítica dende a Idade Media ata a actualidade”, resumiu Manuel Bragado, que salientou ademais que se concibe coo un proxecto con “clara intencionalidade didáctica” de grande utilidade para que o profesorado de secundaria actualice os currículos no ámbito da literatura galega.

Xosé Ramón Pena salienta tamén o carácter divulgativo da obra: “En primeiro lugar intento explicarme a min mesmo que aconteceu. Comezo por aí e ao mesmo tempo penso como llelo explicaría aos amigos, ás persoas que me rodean.

Comentarios pechados