Xurxo Lobato pregoeiro do “Día da Vaca” de Xanceda
A Asociación Mesía Unida anuncia a celebración o 29 de xullo do segundo Día da Vaca, no que actuará como pregoeiro Xurxo Lobato, autor de No país das vacas.
Reproducimos o texto da convocatoria que recibimos:
Tendo enconta que Galicia non se pode entender sen as vacas, e sendo a Galicia dos mil ríos e de miles de festas gastronómicas, notábase a falta do recoñecemento que se merecen as vacas nesta terra, onde non se homenaxeaba a base do verdadeiro substento económico, o tempo que forma parte da nosa cultura ancestral. Por isto o día 29 de xullo celébrase en Xanceda, no concello de Mesía, por segundo ano O Día da Vaca, un acto de Homenaxe e recoñecemento o animal que mais achega á economía rural galega, e da que viven miles de familias no campo directamente, e moitas mais indirectamente.
O pregón estara a cargo de Xurxo lobato, autor do libro No país das vacas, seguido dunha comida de campo a base de produtos e derivados da vaca, para poder comprender o seu verdadeiro aporte económico.
Queremos animar a participar en este homenaxe, o animal que forma parte do progreso social e económico de Galicia, e que continúa sendo o principal motor da súa economía rural e non tan rural.
Por outra banda, o 1 de agosto, ás 13:00 inaugúrase nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña, a exposición “No país das vacas” de Xurxo Lobato, promovida pola Federación de Libreiros de Galicia con motivo da celebración da 41ª edición da Feira do Libro da Coruña.
Abeizoamos a Xurxo Lobato por ambas as dúas iniciativas.
Comentarios pechados