Menu Xerais

Xurxo Souto chega aos cen eventos co seu libro “Contos do mar de Irlanda”

Xurxo Souto chega ás “cen arribadas”. Isto é, cen eventos vencellados ao seu libro Contos do mar de Irlanda. O cal  constitúe fito na promoción do libro galego.

O vindeiro mércores, 19 de outubro, ás 19:30 horas, na Biblioteca Municipal de Estudos Locais, rúa Durán Loriga, 10-1º, da Coruña terá lugar unha nova sesión de “Océano para Terrícolas”.

E o sábado día 22, en sesión mañanceira (12 h.), en La Naval, na Palloza da Coruña. Histórica institución que, despois de aprovisionar durante máis de medio século á flota de Gran Sol e Terranova, emprende con este encontro a súa derradeira singradura.

Nas cen arribadas o libro xerou tamén un fecundo hipertexto, o Documental: “Dos gaiteiros do mar”, de Martín Rodas e Dani Lavesedo e a  Exposición: O pintor Ksal, e outras historias do mar ( setembro 2016, AAVV Casco Vello de Vigo). https://www.facebook.com/laura.rabizal

 

Comentarios pechados